Información Xeral

A Escola de Enxeñería Indusrial imparte graos que habilitan para o exercizo das profesións reguladas de enxeñería técnica. As profesións reguladas son aquelas para que o exercizo require cumprir unha condición especial que, xeralmente, é estar en posesión dun determinado título académico. Na actualidade, réxense polo Real Decreto 1837/2008.

O Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) determinou que as atribucións profesionais pódense adquidir coa titulación de grao (Enxeñeiros Técnicos) ou coa titulación de mestrado universitario (Enxeñeiros).

 

Incorporación de estudantes


Alumnos que superaron a proba de acceso á Universidade

A admisión (preinscrición) polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia farase a través dos procedementos telemáticos establecidos (http://ciug.cesga.es). Para poder formalizar a matrícula en primeiro curso por primeira vez hai que ter concedida previamente a admisión.

 

Outros alumnos

O resto das admisións (por recoñecemento de ECTS, cursos ponte, adaptación dunha titulación oficial en proceso de extinción ao grao) farase segundo o procedemento indicado para cada caso na norma segunda da convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo.

A admisión por recoñecemento de créditos está restrinxida únicamente para os alumnos da EEI que queiran facer un cambio de titulación.


Prazas ofertadas para os graos no curso 2020/2021

 Prazas ofertadas para os Programas Conxuntos de Estudos de Grao no curso 2020/2021

 

Matrícula

O proceso de matrícula de todos os estudos pertencentes á Universidade de Vigo realízase vía telemática na aplicación xeral da Universidade (https://matricula.uvigo.es/)

Para máis información sobre o procedemento de matrícula, prazos, prezos,... consulta a convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo.

Se tes algunha dúbida contacta coa Área Académica da EEI.

 

Curso Cero

Trátase dun curso virtual de libre acceso deseñado para que autoevalúes os teus coñecementos e así podas repasar aqueles contidos nos que te atopes máis frouxo. Recomendámosche que realices este curso para empezar con bo pé os teus estudos en Enxeñería Industrial.