Grao en Enxeñería en Organización Industrial

240 Créditos
4 Cursos
64 Plazas

tec_01 tec_02

A formación do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial na Universidade de Vigo ten como obxecto dotar aos egresados dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propias da profesión, e capacitalos para organizar sistemas produtivos, melloralos e xestionar os recursos que ven implicados dentro das actividades industriais e de servizos de forma racional e sustentable. Unha das principais características do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial, pola combinación dos contidos tecnolóxicos e de organización e xestión que nel se desenvolven, é a versatilidade para afrontar con éxito situacións moi diversas coas que se pode atopar o egresado ao longo da súa carreira profesional.

Nas sociedades desenvolvidas, as actividades relacionadas coa organización e a xestión dos recursos son un aspecto básico para a competitividade das empresas incidindo de forma moi importante na xeración de valor e, consecuentemente, na produtividade. Podería dicirse que o título de graduado en Enxeñaría en Organización Industrial ten como obxectivo xeral a formación de profesionais capaces de dar resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito da organización e a xestión de empresas que, no sentido máis amplo, abarca empresas institucionais, empresas de servizos e institucións en xeral, todo iso en harmonía con todos os axentes empresariais, económicos... cos que interactuar no exercicio da profesión dentro da sociedade.

Perfil de ingreso recomendado

O perfil de ingreso recomendado no referido a habilidades, capacidades e coñecementos previos será o do alumno que superase o bacharelato na rama tecnolóxica. Máis en concreto, considérase que son desexables as seguintes calidades dentro do alumnado:

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Capacidade de análise de problemas para a súa resolución
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita 

Saídas profesionais

  • Xestión da produción.
  • Mellora dos procesos.
  • Xestión de aprovisionamentos.
  • Xestión de almacéns e do transporte.
  • Xestión da calidade.
  • Xestión do mantemento.
  • Consultaría organizativa e técnica.
  • Mercadotecnia e a xestión comercial.
  • Xestión da innovación e da tecnoloxía.
  • Xestión dos recursos humanos.
  • Xestión financieira.