Grao en Enxeñería Eléctrica

240 Créditos
4 Cursos
50 Plazas

tec_01 tec_02

O graduado en Enxeñaría Eléctrica ten como destino o traballo na xestión dos sistemas eléctricos de potencia, instalacións e accionamentos eléctricos, e en transporte e distribución da enerxía eléctrica, áreas que necesitan de titulados con formación específica neste sector. Estes titulados deben cubrir tamén os campos emerxentes que cada vez teñen máis incidencia na sociedade actual, como son a tracción eléctrica e as enerxías renovables, particularmente a xeración de enerxía eléctrica en sistemas eólicos e fotovoltaicos, áreas cunha gran e notable expansión no noso país nos últimos anos e cunha progresión futura cada vez maior.

Na actualidade o sector eléctrico demanda unha gran cantidade de titulados, que fai que os alumnos que obteñen a titulación actual atopen traballo no sector eléctrico en menos dun ano desde a súa titulación e que alumnos doutras especialidades acaben traballando tamén no sector eléctrico.

 

Perfil de ingreso recomendado

Considérase un perfil de ingreso o referido a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato. En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas...) e académicas daquelas persoas que se consideran máis axeitadas para iniciar os estudos de Grao en Enxeñaría Eléctrica son as seguintes:

  • Coñecementos básicos sobre física, química, matemáticas...
  • Inquietude e curiosidade sobre o mundo da ciencia e a tecnoloxía en todos os seus ámbitos, e en especial no relacionado ao ámbito da titulación.
  • Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar a súa aprendizaxe.
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
  • Capacidade de abstracción, análise, síntese, razoamento lóxico.
  • Capacidade de percepción e atención.
  • Sentido da organización e o método.
  • Sentido práctico e visión espacial.
  • Etc.

 

Saídas profesionais

  • Xeración de enerxía eléctrica: eólica, fotovoltaica, gran hidráulica e minihidráulica, centrais térmicas de produción de enerxía eléctrica.
  • Trasporte e distribución de enerxía eléctrica.
  • comercialización de electricidade.
  • Tración eléctrica (vehículo eléctrico).
  • Proxecto e realización de instalacións eléctricas.
  • Mantemento de instalacións eléctricas.
  • Instalacións eléctricas en buques.
  • Xestión enerxética.
  • Deseño e construción de equipos eléctricos.
  • Fabricación de equipos de iluminación.