Plan de prevención e control sanitario fronte á covid-19

Para o vindeiro curso, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, da Consellería de Sanidade e da Secretaria Xeral de Universidades, e co obxectivo de dar a coñecer a información técnica e operativa sobre as medidas de prevención e hixiene fronte ao SARS-Cov-2, durante a actividade do vindeiro curso 2020-2021, na Universidade de Vigo, o Consello de goberno aprobou o Plan de prevención e control sanitario fronte á covid-19. As medidas deste plan integraranse aos plans de prevención e control sanitario dos centros, que entrarán en vigor o vindeiro mes de setembro. Aínda que se trata dun Plan moi dinámico, en constante adaptación para axustarse aos novos requerimentos, podes consultar unha primeira versión neste apartado.

O Plan foi redactado polo Servizo de Prevención de Riscos, co apoio do grupo de expertos covid-19 da UVigo e, dada a situación na que nos atopamos, ten un carácter dinámico, debéndose actualizar en todo momento segundo as directrices establecidas polas autoridades competentes nas distintas materias. Aínda que a seguridade total é imposible acadala, o cumprimento do plan permitirá á UVigo poder traballar dentro das condicións sanitarias establecidas polas autoridades competentes. Neste senso, é moi importante coñecelo e respectalo dun xeito moi estrito. A seguridade de todos depende das actuacións individuais de cada un de nós e por esta razón pregámosvos a maior colaboración para que a actividade transcorra co menor risco para todo o persoal.

Desde a Escola de Enxeñería Industrial estamos a facer importantes axustes, tanto nas infraestruturas como nos aspectos organizativos, para o bo desenvolvemento do vindeiro curso. 

Podes consultar máis información de interese na web da Universidade de Vigo en volta á actividade presencial e protocolos definidos de PRL.

Documentos e enlaces