Sistema de Avaliación nos Graos

Obxecto:

O obxecto deste documento é establecer un conxunto de criterios comúns de aplicación ó sistema de avaliación que figure nas guías docentes de todas as masterias dos graos que se impartan na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Criterios para o sistema de avaliación:

  1. En todas as materias figurará a modalidade de avaliación continua (e.c.), indicando os procedementos en que se basa e o % de valoración que ten cada elemento (p.e. prácticas, traballo, probas parciais,...) na cualificación total da materia.
  2. En todos os casos débese contemplar a posibilidade de superar unha materia no exame e nas datas que establece oficialmente o Centro. Por ese motivo, ainda que a e.c. poda chegar a supoñer ata un 100% da cualificación total, o peso do exame non debe ser nunca inferior ó 60% da calificación da materia.
  3. Para aqueles casos en que o alumno non superer o non siga a e.c., o sistema de avaliación dunha materia poderá contemplar os seguintes supostos:
    • A superación da materia mediante exame final (que garanta o mínimo do 60% da cualificación total) e que teña en conta adicionalmente, si procede, a cualificación lograda no periodo de e.c.
    • A superación da materia mediante exame final (que garanta o mínimo do 60% da cualificación total) e, ademáis, inclúa preguntas ou probas adicionais que permitan valorar a parte non superada/desenvolvida durante o periodo de e.c.
  4. Poderase establecer un prazo ó comezo da impartición de cada materia no cal un alumno poda xustificar documentalmente a súa non dispoñibilidade para seguir o proceso de e.c.
  5. A e.c. poderá ser acumulativa (p.e., para un 2º test pode ser necesario repasar os conceptos do 1º test)
  6. A e.c. poderá ser liberatoria, é dicir, que o alumno que supere a e.c. pode quedar eximido de exame oficial:
    • Poderase establecer un criterio mínimo polo cal se considera que dita e.c. está superada so parcialmente e que a superación da materia dependa dun ou varios condicionantes seguintes:
      1. Presentarse a exame oficial e superar a/as parte/s pendentes
      2. Entregar unha memoria final de prácticas pendentes
      3. Entregar un traballo adicional ou mellorar un anterior
      4. ...
    • Aínda que a e.c. sea liberatoria, o alumno tenderá dereito a presentarse ó exame oficial se desexa modificar a súa cualificaicón
  7. En relación á convocatoria de xullo (equivalente ó antigo setembro), deberase especificar si se manteñen superadas ou non as partes da materia que foran liberadas (p.e. prácticas, traballo,...)
  8. Aquelas situacións excepcionais non contempladas nos anteriores puntos serán valroados polo órgano competente da EEI.

 

Aprobado na sesión conxunta da Comisión Permanente da Antiga Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial e da Comisión Docente da Antiga Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais do 19 de xullo de 2011.