Misión da Escola de Enxeñería Industrial

A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo é un centro público, cun marcado perfil tecnolóxico, coa misión de contribuír ao progreso e a innovación do tecido empresarial e as institucións, a través da formación integral de profesionais cualificados e comprometidos na transformación da sociedade, dunha investigación de calidade e da transferencia dun coñecemento multidisciplinar.