Convenios con empresas

 A constante preocupación da Escola de Enxeñería Industrial por estreitar o seu vínculo co mundo empresarial derivou, entre outras cousas, na promoción dun gran número de convenios de colaboración educativa con empresas, nacionais e internacionais, de diferentes ámbitos industriais.


No marco dos devanditos convenios centos de alumnos, cada curso académico, realizan prácticas en empresa que contribúen a reforzar a súa formación como futuros profesionais da Enxeñería Industrial.