VI Competición de Robots da EEI
A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo está preparando unha nova edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) e a Sección de Estudantes de ISA (International Society of Automation) da Universidade de Vigo.
É un concurso que vimos impulsando dende a EEI co obxecto de despertar o interese polas disciplinas STEAM. Pretende ser unha xornada de convivencia na que poder compartir experiencias con outras persoas que teñen en común unha mesma paixón.
Unha oportunidade para aprender na que os equipos concursantes poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móbil partindo do kit básico establecido pola organización.
Xa está disponible toda a información de interese para participar no concurso que nesta edición contará con novas probas. O prazo de inscrición estará aberto do 15 ao 30 de xaneiro do 2020.
Comeza a prepararte! Esperámoste!