University Card

O Carné Universitario é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Banco Santander, que acredita ó alumno como membro da comunidade universitaria.

Ademais desta función, sérvelle ao estudante para funcións como o préstamo de libros, accesibilidade a material e emprazamentos non docentes, utilización de aulas de informática, acceso a instalacións deportivas da universidade, moedeiro electrónico ou descontos en comercios.

tarxeta-universitaria

Pódese solicitar en calquera momento nas Oficinas Universitarias do Banco Santander do campus, levando unha fotografía recente. Durante o periodo de matrícula existe un punto de información na Sala 2 do Edificio Miralles onde se poderá solicitar ou resolver calquera dúbida.

Unha vez solicitado, recibiralo no teu domicilio particular nuns 20 días aproximadamente. O Carné Universitario non hai que renovalo cada ano.