Docencia en inglés

A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo ofrece un programa de docencia en inglés.

Dibujito rojoDocencia en inglés para o curso 2016/2017

Dibujito rojo

Docencia en inglés do curso 2015/2016

 

Os créditos de teoría e, como mínimo, un grupo de prácticas das materias que forman parte deste programa impartiranse en inglés por profesores do centro que foron acreditados mediante exames oficiais para impartir docencia en inglés.

O Centro non vai esixir acreditar un nivel oficial de coñecemento de lingua inglesa para poder matricularse nestes cursos, pero recomenda que os alumnos que opten por participar teñan un nivel B1 ou equivalente.

O plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo contempla os seguintes recoñecementos para incentivar a participación dos alumnos nestes programas:

  • Subvención parcial das taxas do primeiro exame de acreditación dun dos niveis do MCERL no Centro de Linguas da Universidade de Vigo
  • Prioridade nas convocatorias de mobilidade internacional do alumnado nos casos de igualdade de puntuación trala aplicación do baremo correspondente a cada convocatoria
  • Prioridade na participación en programas de dobre titulación internacional
  • Recoñecemento da docencia bilingüe recibida no expediente académico e/ou no suplemento europeo ó título
  • Accións de apoio para a formación lingüística do alumnado, como por exemplo cursos no estranxeiro, ou cursos específicos sobre metodoloxías de aprendizaxe e de linguas estranxeiras no ámbito da súa titulación