Cursos de adaptación aos graos

Se xa tes o título de Enxeñeiro Técnico Industrial, podes realizar o curso ponte para obter o título de Graduado.

Para o curso 2016/2017 haberá grupos específicos con horarios compatibles coa actividade profesional.

Admisión e Matrícula para o curso 2016/2017

Primeiro prazo:

Prazo de presentación de solicitudes: do 13 ao 27 de xuño de 2016 (na secretaría da sede cidade)
Publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas a trámite: 1 de xullo de 2016
Prazo de presentación de reclamacións: do 4 ao 6 de xullo de 2016
Publicación de listaxes definitivas de solicitudes admitidas a trámite: 13 de xullo de 2016
Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas: 18 de xullo de 2016
Prazo de presentación de reclamacións: do 19 ao 21 de xullo de 2016
Publicación de listaxes definitivas de persoas admitidas: 28 de xullo de 2016
Matrícula: do 3 ao 22 de agosto de 2016

 

Segundo prazo (no caso de haber menos persoas admitidas que prazas ofertadas):

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 5 de agosto de 2016
Publicación de listaxes provisionais de solicitudes admitidas a trámite: 9 de agosto de 2016
Prazo de presentación de reclamacións: do 10 ao 12 de agosto de 2016
Publicación de listaxes definitivas de solicitudes admitidas a trámite: 1 de setembro de 2016
Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas: 5 de setembro de 2016
Prazo de presentación de reclamacións: do 6 ao 8 de setembro de 2016
Publicación de listaxes definitivas de persoas admitidas: 12 de setembro de 2016
Matrícula: del 15 ao 19 de setembro de 2016