Prácticas Académicas Externas

As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa levada a cabo polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos.

As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades, de carácter público ou privado, no ámbito nacional ou internacional.

Tamén poden realizarse prácticas externas en dependencias e servizos da propia Universidade de Vigo que non estean destinados á actividade docente.

As prácticas externas poden adoptar dúas modalidades:

  • Prácticas Curriculares: que se configuran como actividades académicas integradas como materias dun plan de estudos con carácter obrigatorio ou optativo.
  • Prácticas Extracurriculares: que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo dos mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plan de estudos. Prácticas externas-CURRI-EXTRAC