Información Prácticas curriculares

As prácticas externas constitúen unha actividade académica de natureza formativa co obxectivo de completar e aplicar, no ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos polo alumnado nos seus estudos.

As prácticas externas pódense realizar en entidades colaboradoras (empresas, institucións, entidades de carácter público ou privado) tanto no ámbito nacional como internacional.

A realización das prácticas académicas ten como obxectivo facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado universitario nas áreas operativas das empresas e a súa incorporación futura ó mercado laboral.