Renuncia á Avaliación Continua

renuncia á avaliación continua

Aqueles alumnos que por motivos xustificados teñan que renunciar ao sistema de avaliación continua nos graos, nunha ou varias materias do primeiro cuadrimestre, poden facelo ata o domingo 24 de setembro de 2017. A solicitude será electrónica mediante o formulario que se facilita no enlace desta nova.

Non se atenderá ningunha solicitude sen documentación xustificativa do motivo indicado.

Recórdase que, mentres non se resolvan as solicitudes, o alumnado deberá presentarse as actividades e probas de avaliación continua establecidas por cada materia.