II Competición de Robots da EEI

cabecera robots

 

A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a segunda edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) da Universidade de Vigo.

Esta competición será unha proba puntuable para a Liga Nacional de Robótica de Competición (LNRC).

O prazo para realizar a inscrición na competición remata o día 31 de xaneiro de 2016 e a data da competición será o 29 de abril de 2016 a partires das 10:30 horas nas instalacións da Escola de Enxeñería Industrial (Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo).

 

bases inscribete