Graduación EEI

graduacion

O Acto de graduación é un dos momentos máis importantes da vida universitaria, un día inolvidable tanto para os alumnos como para os seus familiares.

Todos estes anos, na Escola de Enxeñería Industrial conseguimos un gran éxito de organización grazas á colaboración de todos, especialmente dos alumnos e profesores.

Este ano, ademáis dos alumnos dos 6 Graos e dos mestrados profesionalizantes que se imparten na Escola, graduaranse os alumnos da 2º promoción do Mestrado en Enxeñería Industrial e a 1º promoción de alumnos do Mestrado en Enxeñería de Organización.

Requisitos para graduarse:

  • Estar matriculado nunha titulación da EEI
  • Estar matriculado en todas as materias do último curso da titulación (non inclúe TFG e TFM)
  • Os alumnos de Grao deberán ter superados, como mínimo, 150 créditos na data de peche de actas do 1º cuadrimestre (4 de febreiro de 2017)

Os alumnos interesados en asistir deberán cubrir os seus datos no seguinte formulario e indicar ademáis, o número de invitados que o acompañarán ao evento xa que se precisa invitación para poder entra ao recinto.

Para que todo vaia ben, a EEI considera fundamental:

  • Que os graduados acudan con roupa acorde á importancia do acto
  • Rógase puntualidade. Os graduados deberán estar no recinto unha hora antes do comezo para o ensaio xeral e ocupar os asentos 15 minutos antes do comezo
  • Nas invitacións, tanto dos graduados como dos seus acompañantes, aparecerá o número de butaca asignada

¡Non vos olvidendes das invitacións!