Asociacións de Estudantes

Na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo están presentes varias asociacións de estudantes con diferentes temáticas e intereses. Todas elas constitúen un pilar fundamental para ofrecer respostas ás inquietudes, demandas e intereses que os propios estudantes teñen na súa etapa universitaria, constituíndo un importante elemento dinamizador da vida universitaria dentro das nosas sedes.

É reconfortante ver a labor que os nosos estudantes realizan día a día dende as asociacións, utilizando o seu talento, ilusión e experiencia ao servizo da Comunidade Universitaria. Todas estas experiencias contibúen de xeito importante á súa formación integral, e lles permite adquirir habilidades fundamentais para o seu futuro, dende unha perspectiva activa e participativa na vida universitaria.

Por iso, animámosvos a que lles coñezades e participedes ben nas actividades que organicen como formando parte dalgunha dela si é do voso interese.

Nesta páxina podedes atopar unha descrición das nosas asociacións e do traballo que realizan.